|
|
Taboleiro de Anuncios |
|
|
|
|
|
|
- |
NIF:G36691855 |
|
Estimado
Socio/a:
A Xunta Directiva da A.V.C.R. San Mamede de
Zamáns, mediante a presente, convócalle á ASEMBLEA
XERAL ORDINARIA, que se celebrará o vindeiro venres día 15 de outubro de 2010, no auditorio do Centro Cultural ás 20:00h en segunda convocatoria, para
tratar os seguintes puntos na ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación se procede da
acta da asemblea anterior.
2.- Relación de altas
e baixas de socios.
3.- Convocatoria de
eleccións da Xunta Directiva.
4.- O PXOM na
parroquia de Zamáns.
5.- A ampliación do
Centro Cultural.
6.- Danos ocasionados
por animais ceibos en propiedades privadas.
7.- Bando municipal
sobre limpeza de fincas.
8.- Campo de fútbol.
9.- Asesoría
xurídica.
10.-Uso das illas
ecolóxicas.
11.-Pregos
e preguntas.
Recordámoslle que é obriga de todos
os socios/as asistir ás reunións convocadas de forma axeitada pola Xunta
Directiva. No caso de non ser posible a asistencia do socio/a titular á
asemblea, éste pode delegar noutra persoa da súa familia, maior de 18 anos. O nome
desta farase constar nesta carta, e será presentada á Xunta Directiva ó comezo
da asemblea.
Socio:
D.N.I.:
Persoa en que delega : D.N.I.:
Firma do socio/a titular:
Zamáns,
1 de outubro de 2010.
__________________________________________________
RECIBOS
DOS SOCIOS.
O prazo de pago está comprendido entre o 1 de xaneiro
e o 31 de marzo, debendo abonar 30€ os recibos familiares e 20€ os
unifamiliares. O pago pódese efectuar no centro ou en calquera oficina de
Caixanova na conta 2080-0082-41-0040004240.